Obxectivo

Divulgación do patrimonio arqueolóxico de calquera territorio é un deber e unha necesidade para comprender a nosa sociedade actual. Neste esceario xurde Telearqueoloxía, un proxecto cuxo obxectivo principal consiste en poñer en valor un conxunto de traballos de investigación en formato audiovisual sobre o patrimonio arqueolóxico da provincia de Pontevedra.

Descargar programa en PDF

Participantes

O proxecto de Telearqueoloxía supón unha ruptura coa inercia habitual do estudo arqueolóxico clásico destinado só a expertos na materia. A diversificación do coñecemento que propón este proxecto baséase no concepto de “Arqueoloxía pública” ou “Arqueoloxía en comunidade”, onde a participación dun público fresco e diverso cobra un gran protagonismo.

Accións do proxecto

Categorías de participación

Existen dúas categorías de participación, “Lascas” e “Bifaces”:

  • Categoría “Lascas”: curtametraxes dun máximo de 5 minutos realizadas por menores de 18 anos.
  • Categoría “Bifaces”: curtametraxes dun máximo de 15 minutos realizadas por maiores de 18 anos.

Pódese participar de xeito individual ou colectivo a través de centros de ensino ou agrupacións culturais, asociacións, universidades, etc. As curtametraxes presentadas deberán recoller o resultado dunha investigación na que terá o protagonismo o patrimonio arqueolóxico da provincia de Pontevedra.