Inscrición no festival de curtametraxes sobre o patrimonio arqueolóxico da provincia de Pontevedra Telearqueoloxía.

Podes inscribirte elixindo entre dúas opcións:

1º Realizar a Inscrición cubrindo os datos e remitíndoos xunto coa curta, mediante wetransfer, Dropbox ou similar a telearqueoloxía@depo.gal ou ben:

2º Realizar a inscrición e remitir a curta a través da plataforma Movibeta na dirección www.festival.movibeta.com

Lembra que existen dúas categorías de participación:

  • Categoría “Lascas”: curtametraxes dun máximo de 5 minutos realizadas por menores de 18 anos.
  • Categoría “Bifaces”: curtametraxes dun máximo de 15 minutos realizadas por maiores de 18 anos.

Pódese participar de xeito individual ou colectivo a través de centros de ensino ou agrupacións culturais, asociacións, universidades, etc. As curtametraxes presentadas deberán recoller o resultado dunha investigación na que terá o protagonismo o patrimonio arqueolóxico da provincia de Pontevedra.

Ficha Inscrición Festival Telearqueoloxía

Inscrición nos Obradoiros formativos: investigación arqueolóxica e vídeoinvestigación

Podes solicitar a celebración dos obradoiros ou inscribirte para participar remitindo os documentos a telearqueoloxía@depo.gal

A asistencia aos obradoiros non é unha condición obrigatoria para participar no festival.

_Ficha Inscrición Obradoiros Telearqueoloxía